GOD SAVE THE QUEEN
outras-musicas

GOD SAVE THE QUEEN

Palacio de la Ópera A Coruña

Descargar documento autorización menores 16 anos

7 XULLO - 20.30 HS

desde* 35,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas GOD SAVE THE QUEEN A Coruña .

God Save the Queen converteuse nun fenómeno musical para os fans de Freddie Mercury e a súa banda. O show de DIOS SALVE A LA REINA reúne todos os seus grandes éxitos, nunha compilación perfecta de dúas horas de maxestuosidade musical.

Quen os vira algunha vez xa sabe que God Save the Queen non ten rival á hora de invocar con todo detalle a maxia dos concertos de Queen. Con máis de vinte anos de traxectoria e o mérito de ser, en palabras de Rolling Stone, o «mellor show sobre Queen do mundo», o grupo arxentino sorprendería ao mesmo Freddie Mercury coas milimétricas recreacións dos seus shows máis lendarios.

Despois de participar na película “ Bohemian Rhapsody” por petición expresa de Queen e 20 th Century Fox, God Save The Queen volve cun novo espectáculo para celebrar os 50 anos da banda británica.

Durante o seu inigualable show teremos a oportunidade de gozar de temas de todas as súas etapas -desde o primeiro disco de 1973 ata Made in Heaven-, cambios vertixinosos de vestiario, xogos de luces propios dun concerto en Wembley, o fielmente logrado son QUEEN, e as destacadas actuacións dos integrantes de DIOS SALVE A LA REINA coa insuperable interpretación -única no mundo- de Pablo Padín no rol de Freddie Mercury, que fan deste espectáculo o "evento do ano".

Soarán éxitos como “ We Will Rock You”, “ We Are The Champions” e ”Radio Gaga” entre outros, que nunca nos cansaremos de cantar.

Se crees velo todo, ponche cómodo e goza da mellor homenaxe a Queen de todos os tempos. Sen dúbida, o máis auténtico tributo a QUEEN xamais logrado.

Mercar entradas GOD SAVE THE QUEEN A Coruña .