LP A Coruña
outras-musicas

LP A Coruña

Palacio de la Ópera A Coruña

25 xuño 2022 - 21.30 h.

desde* 24,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas LP A Coruña A Coruña .

Atraído polo seu impresionante hit “ Lost on you”, cando o público asiste a un concerto de Laura Pergolizzi, descobre a unha artista cun carisma pouco habitual e unha capacidade vocal a proba de bombas. Tras os seus primeiros discos onde xa deixaba mostras do seu talento, en 2006 chama a atención de varias discográficas despois da súa enorme actuación no prestixioso festival South By Southwest, pero non sería ata uns anos despois cando empeza a compoñer para artistas como Rihanna ou Christina Aguilera, atraendo a atención dos medios e compañeiros de profesión.

Pronto chegaría “ Into the Wild”, o seu primeiro gran éxito, pero foi coa chegada de “ Lost On You”, un adianto do seu cuarto álbum que daba título ao disco, cando LP irrompeu na industria musical como unha verdadeira bomba. Converteu unha canción dedicada á súa exmoza en todo un hit mundial.

“ Lost on you” foi disco de Diamante en México e Francia, catro veces Platino en Italia, Platino en Polonia e Ouro en Bélxica e Suíza. Ademais, o single superou recentemente o dous mil millóns de streams, foi número 1 en 18 países e alcanzou o número 1 en case dúas ducias de listas internacionais, incluíndo o número 1 de iTunes en Grecia, Turquía, Francia, Polonia, Bulgaria e Mongolia. A día de hoxe, acumula máis de 528 M de plays en Spotify e máis de 448 M en Youtube, que se di pronto.

No seu ecléctico estilo, emotivo e ás veces desgarrador, mestura a partes iguais esa forza que desprende cunha delicadeza asombrosa. As súas cancións a corazón aberto interpretadas con esa voz única, serviron para consolidar unha carreira tan longa como descoñecida para moitos. E é que poucas persoas saben que a súa pluma compuxo temas para grandes divas da música como Rihanna, Christina Aguilera, Rita Ora, Cher ou Leona Lewis.

A dia de hoxe LP esgota as entradas dos seus concertos no medio mundo, onde é solicitada nos principais festivais e os escenarios máis prestixiosos do planeta. En pouco anos, a compositora e cantante neoiorquina converteuse nunha das figuras máis destacadas do panorama actual de voces femenínas.

Con novo disco debaixo do brazo (“ Churches”), o 6º da súa carreira, a americana íspese de novo para deixarnos outro conxunto de (grandes) cancións que se suman á súa cada vez máis adictivo repertorio.

O Ciclo Xacobeo Importa presenta por primeira vez en Galicia unha das voces propias da escena indierock alternativa actual. Unha artista carismática que sorprenderá a todos aqueles que aínda non a viron en directo. Os seus shows non deixan a ninguén indiferente.

Mercar entradas LP A Coruña A Coruña .