COQUE MALLA "Aunque estemos muertos tour"
outras-musicas

COQUE MALLA "Aunque estemos muertos tour"

Palacio de la Ópera A Coruña

9 marzo 2024 - 20.30 h.

AUTORIZACIÓN ACCESO MENORES 16 ANOS

desde* 35,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas COQUE MALLA "Aunque estemos muertos tour" A Coruña .

COQUE MALLA

AUNQUE ESTEMOS MUERTOS TOUR

Un ano sen tocar é moito tempo. Quizais demasiado. Pero era necesario e desde logo mereceu a pena. A banda e eu estamos listos para presentarvos o duro traballo que nos tivo ocupados durante boa parte destes meses de silencio escénico, nunha xira que, espero, dure moito tempo. Presentamos unhas cancións que falan do paso do tempo, de achados e de perdas, de fraxilidade, da sombra da morte… E paradoxalmente é un disco, na miña opinión, moi luminoso.

Nas letras atoparedes a palabra morte unhas 3 veces, a palabra mortos outras tantas, a palabra morrerei 5 ou 6… é dicir: é un disco sobre a vida. E sobre buscar a maneira de vivila da única maneira que eu entendo que hai que vivila: xogándolla. No amor, no sexo, na amizade, na arte, no camiño… e por suposto: no escenario. Xogándolla, non queda outra.

Que espectáculo ides ver cunha premisa así? Pois agora tócavos a vós; ides ter que facer o mesmo: xogárvola.

Xogárvola e prepararvos para calquera cousa, porque desde logo imos tentar que sexa algo nunca visto.

Algo que nos faga a todos sentirnos absolutamente vivos… aínda que esteamos mortos. Vémonos deica pouco. Esperámosvos…

                                                                                                                                                   -Coque Malla -

Mercar entradas COQUE MALLA "Aunque estemos muertos tour" A Coruña .