Concerto 45º Aniversario Milladoiro
outras-musicas

Concerto 45º Aniversario Milladoiro

Palacio de la Ópera A Coruña

19 maio 2024 - 19.30 h.

desde* 12,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Concerto 45º Aniversario Milladoiro A Coruña .

Milladoiro celebra os seus 45 anos de historia en A Coruña o vindeiro 19 de maio.

O 15 de maio de 1979 Milladoiro pisaba por vez primeira as táboas dun escenario. O seu debut foi na cidade de A Coruña, no Auditorio dos Salesianos, nun concerto organizado polo Ateneo. 45 anos despois, voltan á cidade que os viu nacer profesionalmente para ofrecer un recital especial.

Celébranse neste concerto 45 anos de Milladoiro, un grupo que percorreu escenarios de todo o mundo e que recibiu recoñecementos senlleiros como a Medalla de Ouro de Galicia (2012), Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por “La Mitad del Cielo” en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE ou o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985. 

En palabras de Milladoiro: “subir a un escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, quizais, tamén dun tipo de vida; é a reafirmación e recoñecemento a unha herdanza que permaneceu fértil grazas a mans sen nome”.

Mercar entradas Concerto 45º Aniversario Milladoiro A Coruña .