MOMENTOS ALHAMBRA ACUSTIQUÍSIMOS 2023. EL KANKA
outras-musicas

MOMENTOS ALHAMBRA ACUSTIQUÍSIMOS 2023. EL KANKA

Patio de Cristal San Francisco Hotel Monumento Santiago de Compostela

25 novembro 2023 - 21.30 h.

 

Autorización de menores

 

Condicións xerais


desde* 22,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas MOMENTOS ALHAMBRA ACUSTIQUÍSIMOS 2023. EL KANKA Santiago de Compostela .

Apertura de portas: 20.30 h.

MOMENTOS ALHAMBRA ACUSTIQUÍSIMOS 2023

Música. Espacios singulares. Gastronomía. 

Catro concertos, catro cidades, catro noites memorables en catro espacios exquisitos. Este outono regresa a Galicia un ciclo íntimo e singular, onde o artista e o público relacionánse dun modo único e sen barreiras a través da música en acústico. Momentos Alhambra Acustiquísimos reúne un ano máis a algunhas das voces máis queridas do momento e este 2023 conta, ademáis, cunha nova incorporación ao seu cartel: a gastronomía, que chega á sexta edición deste coidado encontro da man dalgúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia, que prepararán os seus persoais aperitivos para degustar en cada un dos concertos en vivo. O ciclo volve a contar, un ano máis, co patrocinio de Cervezas Alhambra, dentro da súa aposta pola creación de experiencias musicais únicas pensadas para disfrutar sen prisa e cos cinco sentidos.

 

#Acustíquísimos2023

Síguenos en @acustiquisimos

www.acustiquisimos.com

 

El Kanka

Daqueles míticos Lo mal que estoy y lo poco que me quejo ou Canela en rama, El Kanka gañouse o amor e a confianza do público grazas á súa autenticidade e gran optimismo sobre o escenario. E é que os seus concertos consolídanse como auténticos festivais de música en directo. Este outono, con seis discos no seu haber, El Kanka regresa a Momentos Alhambra Acustiquísimos acompañado da súa guitarra inseparable para poñer o broche de ouro á súa xira Cosas de los vivientes, na que será a última actuación do ano do músico de Málaga.

Publicado en 2023, Cosas de los vivientes é o LP máis longo e completo de El Kanka, unha colección de 14 cancións na que o músico fala de amizade, nostalxia, morte, amor, proxectos de futuro e sombras do pasado. Neste novo disco, o artista mostrouse totalmente sincero, non só nas letras, senón tamén na produción, na que apostou por un son moi cru e orgánico, con arranxos anticuados compostos durante os ensaios cos músicos. Campos, José Benítez, Juan Rubio 'Manin', Álvaro Ruiz e Carlos Manzanares 'Avatar' actuando tamén como produtor, montando as cancións desde cero.

Mercar entradas MOMENTOS ALHAMBRA ACUSTIQUÍSIMOS 2023. EL KANKA Santiago de Compostela .