Merca entradas Sés - Liberar as arterias Pontevedra .
SÉS presenta un novo traballo discográfico co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha escolma de cancións con letra e música composta pola propia cantora.
Un sétimo disco que mantén e potencia a súa valente mensaxe, e no que percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira. SÉS ven de converterse nunha das artistas de maior éxito en Galiza polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida levarana a conquistar outros territorios.
Información Importante
Consultar plano de butacas. As butacas contiguas están destinadas a conviventes e a súa compra supón o recoñecemento expreso desta condición por parte dos asistentes. Se vostede ten pensado acudir sen acompañante e xa non atopa butacas individuais, pode seleccionar só unha cadeira, bloqueándose automáticamente a contigua.
A compra da entradas supón a aceptación e cumprimento da normativa xeral vixente e tamén da particular das nosas instalacións, apuntada no documento Medidas Covid á súa disposición.
A apertura de portas terá lugar media hora antes do inicio do evento. Agradecemos acudan con tempo para facilitar a súa acomodación e evitar aglomeracións.
Mercar entradas Sés - Liberar as arterias Pontevedra .