CARLOS NÚÑEZ – A IRMANDADE DAS ESTRELAS. 25 ANIVERSARIO
outras-musicas

CARLOS NÚÑEZ – A IRMANDADE DAS ESTRELAS. 25 ANIVERSARIO

Pazo da Cultura de Pontevedra Pontevedra

18 DECEMBRO - 20.30 HS

desde* 19,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas CARLOS NÚÑEZ – A IRMANDADE DAS ESTRELAS. 25 ANIVERSARIO Pontevedra .

Carlos Núñez convídanos á celebración do 25 Aniversario de “A Irmandade das Estrelas”, o seu primeiro disco, así como a unha homenaxe aos seus mestres e mentores, The Chieftains.

Sony Music ven de publicar novo disco no que Carlos se rodea de músicos emerxentes de todos os estilos para reivindicar a filosofía e o legado de A Irmandade das Estrelas. Artistas consolidados como Rozalén, Andrés Suárez, Iván Ferreiro, Glen Hansard, etc… pero tamén músicos que están comezando, acompañan a Carlos nesta nova aventura chea de novas e sorprendentes músicas baseadas nas nosas raíces máis profundas.

Nos seus 25 anos de carreira xirando sen descanso polo mundo, Carlos Núñez publicou unha ducia de discos, dos que vendeu máis de 1 millón de copias, algo insólito para un instrumentista e máis aínda tocando á gaita, instrumento que é elevado a outra dimensión, como proba o ser o primeiro en levalo aos tres grandes templos da música: Musikverein de Viena, Royal Albert Hall de Londres e Carnegie Hall de Nova Iorque.

A BBC considérao  “un dos músicos máis excitantes e serios do mundo”;  Le Monde publicou a súa foto en portada encabezando unha gran noite celta ante 80.000 persoas no Stade de France; The Times fíxolle críticas de 5 estrelas e nos EE.UU. Os medios o compárano de forma recorrente con Hendrix e  Coltrane…

Colaborou con artistas variadísimos: desde Serrat a o seu “paisano”  Julio Iglesias, de Ry Cooder ou Jordi Savall a Carlinhos Brow, pasando por Luz Casal, Carmen Linares,  Montserrat Caballé…ou no cine Amenánar, Saura ou o seu amigo o compositor Ryuichi Sakamoto.

Mercar entradas CARLOS NÚÑEZ – A IRMANDADE DAS ESTRELAS. 25 ANIVERSARIO Pontevedra .