MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
outras-musicas

MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

Pazo da Cultura de Pontevedra Pontevedra

5 XUÑO - 19.30 HS

desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra Pontevedra .

 

O concerto “Mulleres e inspiración” organizado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra contará entre outras con 3 obras de estrea mundial. Serán WoOmen de Mario Diz, sobre un tema de Brahms adicado a Clara Wieck Schuman, El último adiós de Julia Dopico Vale e Lonxe do lar queridiño de Carmen Díez con arranxos de Benxamín Otero.

A directora será Clàudia Dubé Oranías, directora da Orquestra de Barcelona formada en Huelva, Roma, Madrid, Asunción e Viena, co Director Internacional Gerardo Estrada Martínez como mentor. Fundadora e directora titular da Orquestra Sinfónica de Mataró dende o ano 2015 e da Opera Pocket Orchestra dende o ano 2021, estreando Il Trovatore de Giuseppe Verdi en Igualada.

A formación musical, íntegramente feminina contará con Isabel Pérez Dobarro como Piano Solista e Judith Rey Iglesias como Frauta Solista.

A música clásica, como en calquera outra das artes, faise inxusta cando o xénero, historicamente falando, era un factor determinante para non só limitar o éxito das creadoras, senón tamén para a transcendencia da súa obra artística posterior.
Hoxe, temos o deber de ser sensibles a poder pór en valor creacións de inigualable nivel creativo, técnico e artístico que de seguro foi inspirador para moitos exitosos artistas de xénero masculino que contaban con este factor en prol, e que se non fora por esta circunstancia pasarían a ser obras consolidadas como primordiais no repertorio da interpretación da música.
A proposta do programa deste concerto, reúne no seu eixo central a posta en valor das mulleres e dos seus oficios relacionados coa música. Dar visibilidade a unha profesión que dende moi antigo sempre foi asumida por unha maioría masculina.

Mercar entradas MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra Pontevedra .