Merca entradas MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra Pontevedra .
O concerto “Mulleres e inspiración” organizado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra contará entre outras con 3 obras de estrea mundial. Serán WoOmen de Mario Diz, sobre un tema de Brahms adicado a Clara Wieck Schuman, El último adiós de Julia Dopico Vale e Lonxe do lar queridiño de Carmen Díez con arranxos de Benxamín Otero.
A directora será Clàudia Dubé Oranías, directora da Orquestra de Barcelona formada en Huelva, Roma, Madrid, Asunción e Viena, co Director Internacional Gerardo Estrada Martínez como mentor. Fundadora e directora titular da Orquestra Sinfónica de Mataró dende o ano 2015 e da Opera Pocket Orchestra dende o ano 2021, estreando Il Trovatore de Giuseppe Verdi en Igualada.
A formación musical, íntegramente feminina contará con Isabel Pérez Dobarro como Piano Solista e Judith Rey Iglesias como Frauta Solista.
Mercar entradas MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra Pontevedra .