ILEGALES - Gira La Lucha Por La Vida
outras-musicas

ILEGALES - Gira La Lucha Por La Vida

Sala Capitol Santiago de Compostela

26 marzo 2022 - 22 h.

desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas ILEGALES - Gira La Lucha Por La Vida Santiago de Compostela .

APERTURA PORTAS: 21 h.

Acceso de menores: Os menores de 16 anos só poderán acceder acompañados de ài, nai ou titor legal.
Acceso control sanitario: Pasaporte de vacunación: pauta completa contra o COVID-19
Proba Negativa PCR (72h) ou Test antíxenos (48h)
Positivo en COVID-19 hai 11 días ou máis mediante presentación de proba PCR
Normativa covid: https://www.salacapitol.com/normas-covid/

ILEGALES – Gira La Lucha por la Vida

En febreiro de 2022 publícase "La lucha por la vida", un novo disco de estudio de Ilegales, que coincide co 40º Aniversario dun dos grupos máis emblemáticos do rock cantado en castelán.

A xira de presentación será tan especial como o propio disco, pois ofrecerá unha posta en escea espectacular para rememorar os clásicos máis sonados do seu extenso repertorio, xunto ás novas cancións. Os temas clásicos, convertidos case en himnos por fans de ambos lados do océano, refrexan a personalidade arrolladora de Jorge Ilegal e a súa música, ante as que ninguén queda indiferente. Este legado está inmortalizado nunha ducia de álbumes de estudio, tres arrolladores discos en directo, e innumerables recopilatorios, que serviron para que o grupo reciba un disco de diamante honorífico por toda a súa carreira, a cual foi refrexada no exitoso documental "Mi vida entre las hormigas".

O directo de Ilegales é considerado, desde que apareciera o grupo en 1982, como un dos máis espectaculares de España. Os músicos encadean con enerxía e perfección un repertorio en que cada tema é  memorable, o que fixo que Ilegales sexan unha das bandas máis taquilleiras da nosa escea; de aí que en moitos dos seus concertos se agoten as entradas moitos días antes de cada actuación.

En marzo de 2022 arranca a xira de presentación de "La lucha por la vida" e a forza ilegal sigue intacta, co seu espírito inconformista e rebelde a punto para cautivar, unha vez máis, a quen se acerque a algún dos concertos, pois non en vano Ilegales son un dos fenómenos musicais máis vixentes, desde o momento da súa aparición ata o presente.

www.ilegalesrock.com

www.facebook.com/ilegalesrock

www.twitter.com/ilegalesrock

www.instagram.com/ilegalesrock

Mercar entradas ILEGALES - Gira La Lucha Por La Vida Santiago de Compostela .