Merca entradas AILÁ EN CONCERTO. PRESENTACIÓN “SANSOLIMÓN” Santiago de Compostela .
Das máxicas foliadas na Casa das Crechas emerxe Ailá. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas, aberta ao mundo sen complexos, e sobre todo coa ilusión e a curiosidade de todo aquel que ama o que fai.
Ailá é un dos representantes máis novos das Tribos Tradis, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nun xeito de entender a vida, un xeito de estar no mundo.
Ailá son: Ángela Carou (voz e percusións), Manuele Pardo (voz, percusións e gaita), Abel Gañete (Trompeta e Fliscorno) e Xan Pampín (Acordeón e Bombo).
Cunha man tendida cara ao futuro e outra termando do noso pasado, neste novo traballo de Ailá o grupo ofreceravos a súa visión da música de transmisión oral, inspirada nas músicas e bailes de raíz, coma protectoras, sandadoras e tamén valedoras do noso patrimonio inmaterial.
Mantendo a esencia do seu primeiro álbum, presentan un repertorio renovado con arranxos moi coidados e cheo de convidados especiais.
Mercar entradas AILÁ EN CONCERTO. PRESENTACIÓN “SANSOLIMÓN” Santiago de Compostela .