Mafalda Cardenal en Coruña
outras-musicas

Mafalda Cardenal en Coruña

Sala Garufa A Coruña

19 outubro 2024 - 22 h.

desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Mafalda Cardenal en Coruña A Coruña .

Narradora de historias dende un punto de vista alegre e vitalista, Mafalda Cardenal traslada ao público situacións cotidianas do seu día a día e do entorno que lle rodea. 

Aos seus 21 anos Mafalda Cardenal parece que leve toda a vida interpretando cancións. Compositora dende hai anos primeiramente para artistas coñecidos e posteriormente para a editorial Warner Chappell, disfruta como ela confirma “contando historias de desamor”, unha artista que emana sensibilidade por todos os poros da súa pel. 

“pa que me cantes en el coche”. Así comeza a súa historia. Mafalda Cardenal creceu nun ambiente familiar, cos seus pais dando a volta ao mundo nun velero, onde ela foi concebida. Os seus pais regaláronlle a súa primeira guitarra con sete anos e era habitual escoitala cantar coa súa guitarra rosa, dende a súa habitación ou dende o baño, onde compuso a maioría das suás cancións. Ademáis, cóntanos que as súas maiores referencias sempre foron voces femeninas como: Taylor Swift, Billie Ellish, Olivia Rodrigo, Gracie Abrams ou Miley Cyrus.

Con estas influencias na maleta, trasládase a Madrid para iniciar os seus estudos universitarios de ADE e onde conxugou a súa vida artística e estudiantil. A súa educación multi artística ademáis da súa capacidade de observación dos detalles que lle rodean, dotan a estas primeiras composicións dunha sensibilidade excepcional onde a expresividade a través da palabra e o ritmo está presente de forma constante.

En setembro de 2023, faise viral a súa balada “tu fan” chegando a ser Top 1 Viral en máis de 25 países e confirmando o artista en potencia que é Mafalda Cardenal.

Mercar entradas Mafalda Cardenal en Coruña A Coruña .