SÉS presenta Diante un Eco en Lugo
outras-musicas

SÉS presenta Diante un Eco en Lugo

Sala Tebras Lugo

14 xaneiro 2023 - 20.30 h.

desde* 21,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas SÉS presenta Diante un Eco en Lugo Lugo .

Diante un eco” é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

Diante un eco” é tamén para Sés unha volta aos inicios pero desde o oficio e a madureza, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

Mercar entradas SÉS presenta Diante un Eco en Lugo Lugo .