MERCURY REV - Ciclo Galicia Importa
outras-musicas

MERCURY REV - Ciclo Galicia Importa

Teatro Afundación Vigo Auditorio Vigo

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Martes, 18 Setembro 22.00
Dispoñibles
Numeradas

Organiza

SWEET NOCTURNA S.L.N.E

Merca entradas MERCURY REV - Ciclo Galicia Importa Vigo .

A mítica banda de NY celebra o 20 aniversario de todo un clásico como “ DesertersSongs” cunha serie de concertos especiais en formato acústico nos que repasarán o seu emblemático disco xunto a outras (grandes) cancións da súa traxectoria.

Cúmprense dúas décadas de vida dun dos traballos de referencia da que é toda unha banda de culto e MercuryRev quixeron conmemoralo con actuacións nun formato distinto ao habitual que poderemos gozar dentro da programación do ciclo Galicia Importa.

Segundo explicaba a propia banda, “nesta xira especial recuperaranse moitas das historias e as cancións que envolven o noso álbum de 1998, interpretadas da maneira en que foron orixinalmente compostas. Isto promete ser unha extraordinaria ollada ás forzas que case destruíron a banda e aos estraños acontecementos que nos conduciron a un inesperado regreso”.

Desde o seu nacemento a finais dos 80, a banda de Buffalo ( NY) foi elaborando traballos exquisitos onde se mesturan a delicadeza do seu pop épico e incribles arranxos de corda con momentos de distorsión e ese son cru tan reconocible. Fascinantes sinfonías de “ruído” cunha melancolía onde mesturan emocións, tristeza, dor e que lles levou a converterse nun grupo de referencia xeracional. Adaíles do avant pop, MercuryRev conseguiron equilibrar a excitante electricidade dos seus primeiros traballos coas ansias preciosistas e o gusto ornamental que caracteriza a súa carreira ata hoxe.

Considerados como os bichos raros do panorama independente durante os primeiros anos noventa, orixinalmente foi un grupo no que os conflitos persoais facían saltar faíscas creativas e a sensación de perigo, de desintegración, era continua.

Tras a publicación de “ Deserter’ sSongs”, o calado poético da súa obra magna levantoulles todo o máis alto das listas e o disco mesmo chegou a ser considerado pola influente New Musical Express como a mellor gravación do ano.

“ Deserter’ sSongs” contou coa produción do mítico David Friedman, un dos gurús da música independente e probablemente o produtor máis influente dos últimos anos, cuxa técnica deu forma a traballos de bandas como TheFlamingLips, The Delgados, Mogwai ou Sparklehorse.

O seu único concerto en Galicia será o próximo 18 Setembro dentro do CICLO GALICIA IMPORTA

Mercar entradas MERCURY REV - Ciclo Galicia Importa Vigo .

MERCURY REV - Ciclo Galicia Importa MERCURY REV - Ciclo Galicia Importa

20 2018-09-18T22:00 2018-09-18T22:00 Teatro Afundación Vigo Auditorio Marques de Valladares s/n Vigo 36202 986 447 369