Ismael Serrano "Todavía" Guitarra/Voz. Ciclo Acústico 2020
outras-musicas

Ismael Serrano "Todavía" Guitarra/Voz. Ciclo Acústico 2020

Teatro Colón A Coruña

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Sábado, 01 Febreiro 20.30
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Organiza

Producciones Coruñesas, SL

Merca entradas Ismael Serrano "Todavía" Guitarra/Voz. Ciclo Acústico 2020 A Coruña .

Ismael Serrano volve con Todavía, unha xira en acústico (guitarra e voz) que leva o nome do seu último disco editado en novembro de 2018.

Tras o éxito da xira Hoy es siempre, coa que celebrou os seus 20 anos de carreira colgando o cartel de SOLD OUT en varias ocasións, o cantautor madrileño presenta este proxecto.

Guitarra ao ombreiro, nun formato moi íntimo e cunha cuidadísima escenografía, Ismael Serrano percorreu toda España e gran parte de América latina, presentándose nos teatros máis representativos de varias cidades.

Gravado en directo na localidade de Tigre (Provincia de Buenos Aires, Arxentina) e coa presenza dun reducido grupo de amigos do artista, Ismael Serrano recompila neste disco versións dos seus temas de sempre e un tema inédito

Segundo palabras de Ismael Serrano:

…Tras editar Hoy es siempre, un concerto cunha gran banda e cunha gran posta en escena, necesitaba volver á raíz. Nunca tivera a oportunidade de gravar un recital guitarra e voz, a esencia do oficio, a maneira máis honesta de defender as cancións, a máis difícil.

Convoquei a algúns amigos nunha casa preto de Tigre, provincia de Buenos Aires, xunto ao delta do Paraná. A idea era compartir unha guitarreada na que facer repaso desas cancións que non sempre están no meu repertorio pero que son retrincos de min que aínda teñen vixencia, dos que me custa desprenderme, aínda que non sempre lles deamos o espazo que merecen nos concertos.

E así transcorreu o día. Soará de fondo, no disco, o estrondo de zorzales, tordos, benteveos e outros paxaros que, pola tarde, vixiaban entre a arboleda. Ao chegar a noite as aves calarán pero detrás das melodías poderás escoitar ao vento arrolando as copas, algunha choiva tímida caendo sobre o tellado de chapa, o rumor último do día que acaba.

O disco contén unha canción inédita que se titula Crucé un océano. Comeza así:

“Crucei un océano buscando unha canción,

unha palabra que iluminase o oco que deixaches vos”.

Grazas, aínda, por ser sempre.”…

Mercar entradas Ismael Serrano "Todavía" Guitarra/Voz. Ciclo Acústico 2020 A Coruña .

Ismael Serrano "Todavía" Guitarra/Voz. Ciclo Acústico 2020 Ismael Serrano "Todavía" Guitarra/Voz. Ciclo Acústico 2020

Ismael Serrano volve con Todavía, unha xira en acústico (guitarra e voz) que leva o nome do seu último disco editado en novembro de 2018.

Tras o éxito da xira Hoy es siempre, coa que celebrou os seus 20 anos de carreira colgando o cartel de SOLD OUT en varias ocasións, o cantautor madrileño presenta este proxecto.

Guitarra ao ombreiro, nun formato moi íntimo e cunha cuidadísima escenografía, Ismael Serrano percorreu toda España e gran parte de América latina, presentándose nos teatros máis representativos de varias cidades.

Gravado en directo na localidade de Tigre (Provincia de Buenos Aires, Arxentina) e coa presenza dun reducido grupo de amigos do artista, Ismael Serrano recompila neste disco versións dos seus temas de sempre e un tema inédito

Segundo palabras de Ismael Serrano:

…Tras editar Hoy es siempre, un concerto cunha gran banda e cunha gran posta en escena, necesitaba volver á raíz. Nunca tivera a oportunidade de gravar un recital guitarra e voz, a esencia do oficio, a maneira máis honesta de defender as cancións, a máis difícil.

Convoquei a algúns amigos nunha casa preto de Tigre, provincia de Buenos Aires, xunto ao delta do Paraná. A idea era compartir unha guitarreada na que facer repaso desas cancións que non sempre están no meu repertorio pero que son retrincos de min que aínda teñen vixencia, dos que me custa desprenderme, aínda que non sempre lles deamos o espazo que merecen nos concertos.

E así transcorreu o día. Soará de fondo, no disco, o estrondo de zorzales, tordos, benteveos e outros paxaros que, pola tarde, vixiaban entre a arboleda. Ao chegar a noite as aves calarán pero detrás das melodías poderás escoitar ao vento arrolando as copas, algunha choiva tímida caendo sobre o tellado de chapa, o rumor último do día que acaba.

O disco contén unha canción inédita que se titula Crucé un océano. Comeza así:

“Crucei un océano buscando unha canción,

unha palabra que iluminase o oco que deixaches vos”.

Grazas, aínda, por ser sempre.”…

20 2020-02-01T20:30 2020-02-01T20:30 Teatro Colón Avenida de la Marina 7A A Coruña 15001 981 080 300