Carlos Nuñez en concerto
outras-musicas

Carlos Nuñez en concerto

Teatro Colón A Coruña

desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Carlos Nuñez en concerto A Coruña .

Como xa é tradición, o noso gaiteiro máis internacional volve a casa por navidad e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente
Cumpríronse 25 anos do seu primeiro disco, o xa clásico Irmandade dás Estrelas - que celebra con nuevo disco xunto a Rozalén, Andrés Suárez, Glen Hansard, Iván Ferreiro ou Tanxugueiras - , pero Carlos non descansa e segue ofrecéndonos novidades e colaboracións con artistas de todos os xéneros, desde a ópera á música antiga, desde o flamenco ao trap. Sen ir máis lonxe, nos últimos meses tocou en Coruña como convidado de Baiuca ou Pablo Alborán.

Desde que os seus mentores, os lendarios irlandeses The Chieftains, lle transmitirsen a súa idea da música celta como aberta e profunda, colaborou con artistas tan variados e emblemáticos como Joan Manuel Serrat, Luz Casal, o guitarrista norteamericano Ry Cooder ou os flamencos Vicente Amigo e Juan Manuel Cañizares, Roger Hodgson de Supertramp, Mike Scott dos Waterboys, Jackson Browne, os cubanos Omara Portuondo ou o falecido Compay Segundo, os oscarizados Gustavo Santaolalla ou Ryuichi Sakamoto, os brasileiros Milton Nascimento ou Carlinhos Brown, a estrela da ópera Bryn Terfel, ou da música antiga Jordi Savall, a cantaora Carmen Linares ou Enrique Morente, a tamén desaparecida Montserrat Caballé ou mesmo o seu "paisano galego" Julio Iglesias.

Carlos Núñez é un instrumentista excepcional que vendeu máis de 1 millón de discos con Sony e o primeiro en levar o seu instrumento, a gaita, a templos inernacionales da música como o Musikverein de Viena, o Carnegie Hall de Nova York, o Boston Symphony Hall, o Royal Albert Hall de Londres, a Sydney Opera House, o Teatro Colón de Buenos Aires, ou a Berliner Philharmoniker.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Mercar entradas Carlos Nuñez en concerto A Coruña .