Merca entradas Salvador Sobral presenta “bpm” A Coruña .
Salvador Sobral presentará o seu último traballo, ‘bpm’, en Galicia
bpm: batimentos por minuto. En castelán: latidos por minuto. O corazón -ferido e sandado- de Salvador Sobral (Lisboa, 1989) segue bombeando música con sentimento. O seu bpm -unha unidade de medición do seu estado de saúde-, que é como titulou o seu último traballo discográfico, é sanitariamente óptima… e musicalmente fantástica.
Renovada. A música de Salvador Sobral ten nova identidade. Novas atmosferas. Nova cor. Por primeira vez, inclúe a guitarra. Pero as emocións permanecen. As súas cicatrices da alma -e ata as físicas, borrosamente albiscadas na portada- seguen punzando un disco emocionante no que o cantante e compositor ispe os seus medos, os seus anhelos, as súas alegrías.
Rodeado por un cuarteto, volve Salvador Sobral, corazón latexando, máis humano que nunca.
Composición: Salvador Sobral / Leo Aldrey
Voz: Salvador Sobral
Piano: Max Agnas
Contrabaixo: André Rosinha
Batería: Bruno Pedroso
Guitarra: André Santos
Acerca de Salvador Sobral
É un dos artistas portugueses máis internacionais da actualidade, grazas o seu triunfo no Festival de Eurovisión de 2017. Viviu en Estados Unidos e en España (Mallorca e Barcelona), onde estudou na prestixiosa escola Taller de Músics. Creou varios proxectos, tanto en solitario como con outros artistas de renome.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Mercar entradas Salvador Sobral presenta “bpm” A Coruña .