Trio Preseli "Do mar e a noite"
outras-musicas

Trio Preseli "Do mar e a noite"

Teatro Principal de Ourense Ourense

17 marzo 2024 - 19 h.

desde* 9,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Trio Preseli "Do mar e a noite" Ourense .

- Os menores de 6 anos deben ocupar: Asentos no patio ou platea.
- Os nenos de 6 a 10 anos deben ocupar: Patio, platea ou 1º andar.

Do mar e a Noite Trío Preseli
Formado pola soprano María Hinojosa Montenegro, o trompista Simon Lewis o pianista Daniel Pereira, o Trío Preseli presenta obras para esta inusual formación de cámara do compositor galés Anthony Randall, unha peza do galego Fernando Buide escrita por encarga do propio trío, e outra obra do inglés Arnold Cooke.

Three Poems, sobre versos de Geraint Jones, é unha obra rodeada de traxedia con sobrecolledores poemas de perda e anhelo escritos meses antes da prematura norte do escritor en Normandía, e Do Not Go Gentle Into That Good Night, o poema de Dylan Thomas, unha obra mestra da lingua inglesa, traducida a varios idiomas e coñecida mundialmente, inspirada na morte do seu pai.

Arnold Cooke foi un compositor inglés que se formou con Paul Hindemith. Tiña un talento especial para musicalizar literatura inglesa, e os textos para os seus Nocturnos son de cinco poetas británicos. Símbolos tradicionais da noite e a morte represéntanse en cada poema, de maneira similar á Serenata para tenor, trompa e cordas de Benjamin Britten, e ao Auf dem Strom de Franz Schubert.

Nao de sangue, de Buide, está tomado dun dos textos do poemario Cantos da aguia e do lobo, de Valentín Paz Andrade, e tenta mostrar o carácter ameazador e ominoso dos versos do poeta galego, plasmando en sons o drama que estaba a piques de desatarse na Guerra Civil.

Nota: Só se permite o acceso a animais guía.

Mercar entradas Trio Preseli "Do mar e a noite" Ourense .