MATINÉS 2022 - A PEDREIRA
outras-musicas

MATINÉS 2022 - A PEDREIRA

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

29 OUTUBRO - 12.30 HS

AUTORIZACIÓN DE ACCESO A MENORES 

desde* 14,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas MATINÉS 2022 - A PEDREIRA Pontevedra .

CICLO AS MATINÉS DO PRINCIPAL 2022

TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

sica ao vivo para todos os públicos

As Matinés do Principal regresan no 2022 sen perder un ápice da súa esencia: a mellor música ao vivo para compartir en familia e en horario matutino.

Un ciclo para todos os públicos fóra dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas principalmente a unha audiencia familiar, fomentando desta maneira novos horarios de consumo cultural e apoiando á actividade diúrna nos locais da cidade. Un proxecto que aposta por integrarse na vida da nosa cidade ofertanto renovados hábitos de consumo cultural e de ocio.

Todos os concertos programados comezarán ás 12.30 do mediodía, un horario accesible para un público cada vez máis numeroso, que reclama unha oferta de ocio diurna con personalidade e de calidade.

Nesta edición, o Ciclo As Matinés do Principal ofrecerá a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal de Pontevedra artistas como Maria Arnal i Marcel Bagés, o A Pedreira.

CONCERTOS AS MATINÉS 2022:

08.10.22 MARIA ARNAL I MARCEL BAGÉS

29.10.22 A PEDREIRA

 

A PEDREIRA

Sábado 29.10.22, 12.30h / portas 12.00h

Ugia Pedreira: Muller poliédrica, salvaxe, rebelde e sofisticada, co don da palabra escrita e cantada, compositora sublime.

A Pedreira é unha mestura explosiva de serenidade e paixón, unha cantora das de verdade, unha voz que invoca a xustiza; a voz negra da música galega, unha das máis importantes, plurais e versátiles do panorama musical galego, o que fai de cada unha das súas presentacións públicas un acontecemento. Folk, ska, electrónica, latin, trad... O de Ugia é explorar texturas e dimensións, tanto á hora de compoñer coma coa súa voz.

A Pedreira é unha desas artistas que son quen de crear tendencia en cada obra, tanto polo contido, como por estética ou ética. Das músicas máis queridas e admiradas de Galicia, cunha enorme intelixencia musical e entre as máis respectadas e escoitadas na profesión.


Mercar entradas MATINÉS 2022 - A PEDREIRA Pontevedra .