CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - ABE RÁBADE & SPJ-Talents
outras-musicas

CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - ABE RÁBADE & SPJ-Talents

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

12 OUTUBRO - 21.00 HS
desde* 3,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - ABE RÁBADE & SPJ-Talents Pontevedra .

JAZZ no PRINCIPAL 2022
20 ANIVERSARIO DO SEMINARIO
PERMANENTE DE JAZZ DE PONTEVEDRA

Despois de dous anos de parón por mor da pandemia volta o ciclo Jazz no Principal á cidade de Pontevedra. Nesta edición de 2022 o SPJ quere celebrar por todo o alto o seu 20 Aniversario, mantendo firmemente a súa filosofía de programación; unha decidida aposta polo pouso didáctico que as figuras do jazz deixan nas xóvenes promesas deste estilo en Galiza. Para esta efeméride, o Seminario Permanente de Jazz porá en valor aos seus dous mestres Abe Rábade e Paco Charlín, dúas figuras do jazz a nivel mundial, cunha grandísima pegada na historia contemporánea do jazz, tanto en Galiza coma internacionalmente.

As actuacións consisten nun programa elaborado tanto por Abe coma Paco, que contarán coa presenza de varios jazzistas convidados para esta ocasión.

Esta completa programación abonda, unha vez máis, naquela idea, sempre presente no facer do SPJ; o decidido apoio e dinamización do jazz e os novos jazzistas galegos:

Mércores 12 de Outubro ás 21h no Teatro Principal
ABE RÁBADE & SPJ-Talents

Mércores 26 de Outubro ás 21h no Teatro Principal
PACO CHARLÍN & SPJ-Meeting

Mercar entradas CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - ABE RÁBADE & SPJ-Talents Pontevedra .