Guadi Galego con Sintese Horizonte en Pontevedra
outras-musicas

Guadi Galego con Sintese Horizonte en Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

13 abril 2024 - 20 h.

desde* 13,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Guadi Galego con Sintese Horizonte en Pontevedra Pontevedra .

No mes de setembro, Guadi Galego lanzaba co seu sinxelo O.D.A. unha mensaxe ao mundo: Estou tan viva. Sigo viva.
Logo da Roibén (2022) e dun tempo dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Neste 2024 regresa cun novo espectáculo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para representar, ao vivo, en tres únicas funcións sobre as táboas dos teatros de Galicia.

Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido. Agora, ela, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, confirmará o que desexabamos ver, sentir e escoitar: a firme crenza do poder transformador da música ao vivo.

Voz e piano: Guadi Galego.
Guitarra acústica eléctrica e sintetizada: Guillerme Fernández.
Baixo e sintetizadores: Rubén Iglesias.
Batería e percusión: Isaac Palacín.
Teclados: Alex Fernández.
Voces: Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado, Rocío Jiménez.
Dirección de escena: Marina Oural, Ugia Pedreira (Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento).
Deseño e dirección de luz: Laura Iturralde e José Faro (NONONON.LAB).
Técnico de son: Manolo Dourado.
Produción executiva: Culturactiva.
Todos os públicos. 90 minutos.

Mercar entradas Guadi Galego con Sintese Horizonte en Pontevedra Pontevedra .