SUPER BOCK UNDER FEST - ABONO 2 DÍAS
outras-musicas

SUPER BOCK UNDER FEST - ABONO 2 DÍAS

Vigo: Varios Recintos Vigo

desde* 30,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Sábado, 24 Marzo 21.00
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Merca entradas SUPER BOCK UNDER FEST - ABONO 2 DÍAS Vigo .

Os abonos garanten a entrada aos concertos de SLOWDIVE + BENJAMINCLEMENTINE que terán lugar no Hall do Auditorio Mar de Vigo. Para o resto da programación nas diferentes salas, o acceso será tamén mediante o abono adquirido ata completar o aforamento de cada sala.

Menores de 18 anos podran acceder aos concertos sempre q acudan acompañados do seu PAI/NAI OU TITOR LEGAL e enchendo unha autorización que lle será facilitada na propia sala.

SUPERBOCKUNDERFEST TRAE A BENJAMINCLEMENTINE A VIGO

O novo festival celebrarase os días 23 e 34 de marzo de 2018

1 Festival, 2 días, 10 salas e máis de 20 bandas…

BenjaminClementine é o primeiro nome confirmado para a primeira edición de SuperBockUnderFest.

Seguindo a estratexia de internacionalización de SuperBock, o festival SuperBockUnderFest xorde froito da colaboración co Concello de Vigo para traer á cidade a mellor música da actualidade con nomes nacionais e internacionais consagrados, servindo tamén como escenario para promover novos talentos da escena galega e portuguesa. Será un festival ecléctico que levará por varios espazos de Vigo estilos musicais diferentes, desde o indie, o rock ou a música electrónica.

Os días 23 e 24 de Marzo, a música farase oír nun evento diferente, que máis aló de promover a cultura local, dálle ao público a oportunidade de explorar a cidade de Vigo a través de varias salas e concertos, nunha mestura de propostas capaces de proporcionar unha experiencia única.

O SuperBockUnderFest terá como cabeza de cartel a BenjaminClementine. O músico británico foi descuberto tras actuar nas rúas de Londres e Paris onde rapidamente fíxose notar cunha voz, poesía e carisma únicos.

Cornerstone”, o seu primeiro EP, e “ AtLeastforNow”, o seu disco de debut de 2015, revelan unha voz e forza dunha intensidade difícil de catalogar. Cantante, compositor, pianista, BenjaminClementine foi sempre autodidacta e co seu ambicioso novo álbum “I Tell a Fly” asumiu un gran risco: unha gravación auto producida onde reflicte a súa visión do mundo e explora novos territorios, dos compositores impresionistas á música electrónica. Un traballo que pasa por diversas texturas musicais e que vai do humor negro á desolación con retratos de varios conflitos internacionais de resultado poderoso, satírico e crítico.

Ademais do cantante e compositor londiniense, máis de 20 bandas e artistas presentarán a súa música en directo durante os 2 días do festival.

O abono, que dá acceso a todos os espazos os dous días de SuperBockUnderFest, pode adquirirse ao prezo de 30€ + gastos de distribución.

As entradas para o concerto de BenjaminClementine o día 24 de marzo no Hall do Auditorio Mar de Vigo,que son limitadas, teñen un prezo de 20€ + gastos de distribución.

Entradas xa á venda en Ataquilla. com

Máis información sobre os espazos e actuacións proximamente.

 http://www.superbockunderfest.es/

Mercar entradas SUPER BOCK UNDER FEST - ABONO 2 DÍAS Vigo .

SUPER BOCK UNDER FEST - ABONO 2 DÍAS SUPER BOCK UNDER FEST - ABONO 2 DÍAS

30 2018-03-24T21:00 2018-03-24T21:00 Vigo: Varios Recintos . Vigo