Print@home

Imprime as entradas desde o teu ordenador no momento de realizares a compra. Este servizo só está dispoñible naqueles eventos que indiquen PRINT@HOME na pantalla da compra. Isto é todo o que tes de saber sobre o sistema:
Nota: Este servizo está dispoñible só naqueles eventos que indiquen PRINT@HOME no momento da compra.
Información paso a paso:
- Imprime os billetes desde a pantalla que mostra o resumo da compra. Poderás descargar o PDF para imprimires cando queiras as entradas. Tamén poderás comprobar as entradas pendentes de impresión desde aquí: Consulta de operación
- As entradas deben estar impresas nunha resolución normal e en formato DIN A4. Non é necesaria a impresión a cor.
- Cando esteas no recinto do espectáculo, diríxete á entrada para validar os teus billetes.
- Só se considerará válida a primeira entrada presentada, aínda que se impriman varias copias desta. En ningún caso se permitirá entrar a quen entregue outra copia posterior da mesma entrada. Así pois, a organización resérvase o dereito de solicitar a acreditación necesaria.