Recortes, caneos e outras formas de driblar
teatro

Recortes, caneos e outras formas de driblar

Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa Vilagarcia de Arousa

21 xaneiro 2022 - 18 h. e 21 h.

desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Recortes, caneos e outras formas de driblar Vilagarcia de Arousa .

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

Logo do éxito de Fariña, o espectáculo teatral, Nacho Caretero volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé A. Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.

Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

Mercar entradas Recortes, caneos e outras formas de driblar Vilagarcia de Arousa .