ULTRANOITE #111 de Chévere
teatro

ULTRANOITE #111 de Chévere

Liceo de Noia Noia

23 e 24 setembro 2022 - 22 h.

desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas ULTRANOITE #111 de Chévere Noia .

SINOPSE

 

Logo de catro anos volve un dos espectáculos máis queridos polo público: a Ultranoite, que acompaña á compañía Chévere case dende o seu nacemento e vai xa pola súa edición número 111. Desta volta farase no Liceo de Noia, que nos ofrece un magnífico salón de baile para gozar da Ultranoite como debe ser: con mesas, servizo de bar e en compañía.

 

A Ultranoite é un formato teatral creado e desenvolvido na Sala Nasa de Santiago de Compostela a partir de 1993.  Un espectáculo anfibio que se alimenta de xéneros teatrais populares como o cabaré e o teatro de variedades, o vodevil e o café teatro, o music hall e a revista. A eles engade a sensibilidade contemporánea da performance, a urxencia do agitprop, a inmediatez do underground, unha retranca visceral e unha estética que reivindica a perrallada como arte povera escénica para situarse un pouco máis alá do teatro e moito máis perto da realidade.

 

Definida como revista radical da actualidade pola súa resposta inmediata aos acontecementos do momento, ou como teatro de usar e tirar porque usa a realidade como material de refugallo para compoñer cancións, pezas de vídeo e números teatrais, a Ultranoite é un fenómeno único na historia recente da producción cultural galega.

 

FICHA ARTÍSTICA

 

En escena: Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández, Carlos Santiago, Coma sempre, contaremos tamén con artistas convidadas que se irán anunciando cando se achegue a data.

Ultrabanda: Xacobe Martínez Antelo (baixo, contrabaixo), Max Gómez (percusións, batería) e Manuel Cebrián (guitarras, violín).

Técnica: Fidel Vázquez, Xurxo Pinheiro.

Produción: Inés Portela

Comunicación: Xana García

 

PARA IR EN BUS Á ULTRANOITE

 

O Ultrabús está pensado para as persoas que queren vir á Ultranoite dende Santiago, pero non teñen coche ou prefiren non collelo.

 

O Ultrabús sairá ás 21h. da Rúa da Rosa, en Santiago, do mesmo sitio onde saen os buses para Milladoiro. Fará unha parada en Bertamiráns, na Praza da Mahía, con saída ás 21,20h. E chegada á Noia nas proximidades do Liceo.

 

Dez minutos despois de rematada a Ultranoite, o Ultrabús sairá de Noia de volta para Santiago, con parada en Bertamiráns e chegada á rúa da Rosa.

 

A COMPAÑÍA

 

Chévere é unha compañía de axitación teatral con 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta de creación propia tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.

 

Desde 1987 Chévere actuou en centos de aldeas, vilas e cidades de toda Galicia, España, Portugal e outros países europeos, latinoamericanos e africanos. Fixo espectáculos de moi diferentes estilos e formatos e traballou en espazos pouco convencionais: na rúa, en barcos, aeroportos, carpas de circo, escaparates, ríos, portos, radios, bares, aulas... Usando o humor como filosofía, a risa como expresión e o pensamento crítico como ferramenta, as súas obras confrontan no palco os debates do presente coa memoria dun pasado recente que nos afecta, documentándoo escénicamente cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Exemplos deste modus operandi foron traballos como N.E.V.E.R.M.O.R.E. (2021), As Fillas Bravas e o Mito de Casandra (2020), Curva España (2019), Eroski Paraíso (2016), As Fillas Bravas de Momán (2014), Ultranoite no País dos Ananos (2014), Eurozone (2013), a triloxía Citizen (2010-2011) ou Testosterona (2009).

Mercar entradas ULTRANOITE #111 de Chévere Noia .