CONTINENTE MARÍA
teatro

CONTINENTE MARÍA

Salón Teatro de Santiago Santiago de Compostela

19 A 29 DE MAIO

desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas CONTINENTE MARÍA Santiago de Compostela .

Continente María é unha coprodución de Ainé Producións con A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego

Sinopse

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraor dinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria. 

A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a  súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o  que a realidade e a poesía nos pode ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa referentes de liberdade e compromiso. 

TEXTO: Marianella Morena

DIRECCIÓN: Tito Asorey

ELENCO: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

ILUMINACIÓN E AUDIOVISUAIS: Laura Iturralde

ESCENOGRAFÍA: José Faro “Coti”

VÍDEO: Jairo Iglesias

DESEÑO DO CARTEL E IMAXE GRÁFICA: Lidia Cao

Mercar entradas CONTINENTE MARÍA Santiago de Compostela .