O Charco de Ulises
teatro

O Charco de Ulises

Salón Teatro Santiago de Compostela

CANCELADO


Merca entradas O Charco de Ulises Santiago de Compostela .

O CHARCO DE ULISES
De Santiago Cortegoso e Marián Bañobre

SINOPSE
O charco de Ulises é unha versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. 

Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non tería transcendido se non saíse dela.

ELENCO
· Óscar Allo

· Miguel Borines

· Mónica Camaño

· Rosalía Castro

· Raquel Espada

· Manuel Millán

· Fran Paredes

· Chusa Pérez de Vallejo

· Xosé Lois Romero

· Inés Salvado Gontad

· Paulo Serantes

Unha produción do Centro Dramático Galego

A función do día 20 de xaneiro realizarase coa luz de sala parcialmente prendida e está enfocada a persoas ou colectivos que teñan dificultades para permanecer sentados e sen moverse nunha sala escura durante o tempo que dura unha función teatral. 

A función do día 24 de xaneiro conta con axudas humanas e técnicas para permitir unha maior e mellor comprensión dos eventos ás persoas con dificultades auditivas, visuais ou intelectuais. O Salón Teatro conta en todas as representacións con lugares reservados para as persoas que se desprazan en cadeiras de rodas. A diferencia do resto das funcións, haberá durante toda a representación, nun extremo da boca de escena, unha persoa intérprete de língua de signos.


 
 
 

Mercar entradas O Charco de Ulises Santiago de Compostela .