Terceiro acto
teatro

Terceiro acto

Salón Teatro Santiago de Compostela

16 de abril - 16 de maio

En todo caso respectarase a etiqueta sanitaria establecida. É obrigatorio manter a máscara posta en todo momento e baixo ningunha circunstancia se poderá acceder á sala unha vez comezada a función. Salvo incidencias, a función comezará á hora programada.

desde* 6,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Terceiro acto Santiago de Compostela .

TERCEIRO ACTO
De Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez
 
SINOPSE
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.

Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

 
ELENCO

Belén Constenla

Roberto Leal

Fernando Morán

Mabel Rivera

Eduardo R. Cunha “Tatán”

 
Unha produción do Centro Dramático Galego
As funcións dos mércores realizaranse coa luz de sala parcialmente acendida e está enfocada a persoas ou colectivos que teñan dificultades para permanecer sentados e sen moverse nunha sala escura durante o tempo que dura unha función teatral.
 
Nas sesións dos domingos haberá un encontro co público ao remate da función.
 
A función do 16 de maio conta coas axudas humanas e técnicas para permitir unha maior e mellor comprensión dos eventos ás persoas con dificultades auditivas, visuais ou intelectuaisA diferenza do resto das funcións, haberá durante toda a representación, nun extremo da boca de escena, unha persoa intérprete de lingua de signos.
 
O Salón Teatro conta en todas as representacións con lugares reservados para persoas que se desprazan en cadeiras de rodas. 
 
 

Mercar entradas Terceiro acto Santiago de Compostela .