Serva me, Servabo te
teatro

Serva me, Servabo te

Salón Teatro Santiago de Compostela

10 - 26 SETEMBRO

ETIQUETA SANITARIA

desde* 9,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Serva me, Servabo te Santiago de Compostela .

SERVA ME, SERVABO TE
De Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez
Unha produción do CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Sinopse
 
Fantasiamos coa imaxe dun edificio de vinte alturas que se derruba por mor dunha carga de explosivos. Sabemos das nosas forzas e estas mans apenas conseguen pregarse forte nun puño pechado. Agora estas que nós somos non conseguimos abater torres, pero si ser o po que testemuña o derrubamento.

Tamén podemos bailar; parece sinxelo, pero nin a todos os corpos lles é permitido. 

Podemos falar de amor. Un día dixéronnos que non era serio falar de amor, que tiñamos que falar de cousas máis importantes. Igual agora é o momento.

Armar un plan. Bailar un plan.

Elenco

Belén Bouzas, Olga Cameselle, Bal Castro, Raquel Crespo, María Llanderas, Diego M. Buceta, Fran Martínez, Cris Vilariño
 
As funcións dos xoves realizaranse coa luz de sala parcialmente acendida e está enfocada a persoas ou colectivos que teñan dificultades para permanecer sentados e sen moverse nunha sala escura durante o tempo que dura unha función teatral.
 
Nas sesións dos domingos haberá un encontro co público ao remate da función.
 
A función do 26 de setembro conta coas axudas humanas e técnicas para permitir unha maior e mellor comprensión dos eventos ás persoas con dificultades auditivas, visuais ou intelectuais.
 
O Salón Teatro conta en todas as representacións con lugares reservados para persoas que se desprazan en cadeiras de rodas. 
 
 
 

Mercar entradas Serva me, Servabo te Santiago de Compostela .