Recortes, caneos e outras formas de driblar
teatro

Recortes, caneos e outras formas de driblar

Salón Teatro Santiago de Compostela

30 SETEMBRO A 23 OUTUBRO 2022

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Recortes, caneos e outras formas de driblar Santiago de Compostela .

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

O Centro Dramático Galego e Ainé unen forzas para levar ás táboas un texto de José L. Prieto, a partir dun traballo xornalístico de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea, coa dirección de Tito Asorey. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.

Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

Mercar entradas Recortes, caneos e outras formas de driblar Santiago de Compostela .