Ainé Producións “Continente María”
teatro

Ainé Producións “Continente María”

Teatro Principal de Ourense Ourense

11 DECEMBRO - 19HS
desde* 6,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ainé Producións “Continente María” Ourense .

Continente María é un canto á vida e ó teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María no só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobreponerse ó exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en pre - sente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores como indi - viduos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escri - tos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.

Mercar entradas Ainé Producións “Continente María” Ourense .