Ponteatro "O mozo da última fila" de Redrum Teatro
teatro

Ponteatro "O mozo da última fila" de Redrum Teatro

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

MEDIDAS COVID

CONSULTAR PLANO

Apertura de portas 30 minutos antes da hora de comezo do evento. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións.

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ponteatro "O mozo da última fila" de Redrum Teatro Pontevedra .

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura. 
 
Desde a súa estrea en 2006, “O mozo da última fila” leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por  François  Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.
 

Información Importante

Consultar plano de butacas. As butacas contiguas están destinadas a conviventes e a súa compra supón o recoñecemento expreso desta condición por parte dos asistentes. Se vostede ten pensado acudir sen acompañante e xa non atopa butacas individuais, pode seleccionar só unha cadeira, bloqueándose automáticamente a contigua.

A compra da entradas supón a aceptación e cumprimento da normativa xeral vixente e tamén da particular das nosas instalacións, apuntada no documento Medidas Covid á súa disposición.

A apertura de portas terá lugar media hora antes do inicio do evento. Agradecemos acudan con tempo para facilitar a súa acomodación e evitar aglomeracións. 

Mercar entradas Ponteatro "O mozo da última fila" de Redrum Teatro Pontevedra .