Ponteatro "O Péndulo" de Inversa Teatro
teatro

Ponteatro "O Péndulo" de Inversa Teatro

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

13 OUTUBRO - 21.00HS

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ponteatro "O Péndulo" de Inversa Teatro Pontevedra .

XOV 13 OUTUBRO | 21.00 h PONTEATRO O Péndulo de Inversa Teatro

Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu o golpe militar de 1936 e o inicio da matanza unilateral na Galiza. Este achegamento a nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Marta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga Davila

Mercar entradas Ponteatro "O Péndulo" de Inversa Teatro Pontevedra .