Ponteatro "O Porco de Pé" de Excéntricas
teatro

Ponteatro "O Porco de Pé" de Excéntricas

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

27 OUTUBRO - 21.00HS
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ponteatro "O Porco de Pé" de Excéntricas Pontevedra .

XOV 27 OUTUBRO | 21.00 h PONTEATRO O porco de pé de Excéntricas

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serradula, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete, ten hoxe mais vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán como nunha linterna máxica, anarquistas, esportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vanguardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas.

Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. Para dar vida á galería zoolóxica contamos con tres fenómenos: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo.


Mercar entradas Ponteatro "O Porco de Pé" de Excéntricas Pontevedra .