Ponteatro "Cigarreiras" de Contraproducións
teatro

Ponteatro "Cigarreiras" de Contraproducións

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

3 NOVEMBRO - 21.00HS
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ponteatro "Cigarreiras" de Contraproducións Pontevedra .

XOV 3 NOVEMBRO | 21.00 h PONTEATRO Cigarreiras de Contraproduccións

Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica que, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

Aínda bebendo significativamente da citada novela, o texto constitúe un produto literario-dramático derivado pero independente.

Un texto que aborda ante unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interese cultural. Figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos… Temas que, ao fío dos vivos e brillantes argumentos aportados pola escritora e a súa novela, poden suscitar interese na sociedade actual, representada no teatro polo público.

Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola

Mercar entradas Ponteatro "Cigarreiras" de Contraproducións Pontevedra .