Ponteatro "Golfa" de Crémilo
teatro

Ponteatro "Golfa" de Crémilo

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

20 OUTUBRO - 21.00HS
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ponteatro "Golfa" de Crémilo Pontevedra .

XOV 20 OUTUBRO | 21.00 h PONTEATRO Golfa de Crémilo

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que reza “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede. Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura, Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que non se aclaren os feitos, a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases. Todo se revoluciona cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta de entrada do instituto e insulta gravemente a Amanda utilizando unha palabra moi concreta: golfa. Xusto unha semana despois aparece ben visible o graffiti onde comeza esta historia.

Mercar entradas Ponteatro "Golfa" de Crémilo Pontevedra .