Domingos do Principal 2022 - "Camiño de historias" - Compañía: Migallas
teatro

Domingos do Principal 2022 - "Camiño de historias" - Compañía: Migallas

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

23 OUTUBRO - 12.00 / 18.30 HS
desde* 4,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Domingos do Principal 2022 - "Camiño de historias" - Compañía: Migallas Pontevedra .

DOMINGO 23 OUTUBRO| 12.00 h / 18.30 - Camiño de historias de Migallas Teatro

“Camiño de historias” é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos países de fala portuguesa que abordan dunha maneira amena e divertida cuestións como a interculturalidade e os dereitos humanos.

En cada unha das historias o público ten que atopar unha palabra, que é a esencia desa historia, e que xunto coas outras dúas, constitúe unha “fórmula” para que as persoas sexan felices.

Tamén se destaca a grande utilidade do galego para facilitar a comunicación con máis de 280 millóns de falantes de portugués de todos os continentes (de Portugal, do Brasil, de Angola, de Mozambique de Timor Leste…)

Cada relato é tratado dun xeito diferente. Así pois, nun prima a palabra, noutro, as imaxes e noutro recupérase a arte das contadoras e contadores ambulantes das feiras de antano.

Mercar entradas Domingos do Principal 2022 - "Camiño de historias" - Compañía: Migallas Pontevedra .