Merca entradas Ponteatro "Altsasu" de La dramática errante Pontevedra .
Na madrugada do 15 de outubro de 2016, prodúcese ás portas do bar Koxka, en Altsasu (Navarra) un altercado no que se viron implicados varias veciñas do pobo, dous axentes da Garda Civil e as parellas destes. O resultado foi de dous detidos e un nocello roto. En menos de 24 horas Altsasu convértese nun estudio de televisión e en menos dun día e medio o caso é un asunto de Estado. Os denunciantes néganse a declarar ante a Policía Foral, algo que si fan ante os seus compañeiros da Garda Civil.
O xiro deste dantesco espectáculo prodúcese cando COVITE, o Colectivo de Vítimas do Terrorismo no País Vasco, denuncia os feitos ante a Audiencia Nacional. Esta organización introduce a acusación de terrorismo e o operativo policial contra nove persoas ponse en marcha. Sete delas ingresan en prisión inmediatamente. Á vista oral que comeza o 16 de abril de 2018 chégase con peticións fiscais de entre 62 e 12 anos de prisión para oito delas. O xuízo é seguido con expectación en todo o Estado español polo que pode significar un recorte das liberdades e o abuso da expresión “terrorista” que impulsa a Fiscalía para unha pelexa de bar.
Dramaturxia e dirección: María Goiricelaya
Elenco: Egoitz Sánchez, Ane Pikaza, Nagore González, Aitor Borobia
Duración 75 minutos.
Mercar entradas Ponteatro "Altsasu" de La dramática errante Pontevedra .