Ponteatro 2024 - "BROKEBACK SABUCEDO (Paixón entre bestas)"  de Sal do Teatro
teatro

Ponteatro 2024 - "BROKEBACK SABUCEDO (Paixón entre bestas)" de Sal do Teatro

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

18 abril 2024 - 21 h.

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ponteatro 2024 - "BROKEBACK SABUCEDO (Paixón entre bestas)" de Sal do Teatro Pontevedra .

SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo. 

Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada. Interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo. Dirixido por Rocío Romero e con Álex Sobrino no espazo escénico (iluminación, audiovisuais e son), sendo a escenografía e o vestiario ideados pola propia compañía.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

Duración 65 min.  

Mercar entradas Ponteatro 2024 - "BROKEBACK SABUCEDO (Paixón entre bestas)" de Sal do Teatro Pontevedra .