Contada inaugural Sete Falares - Tres vellas na romaría
teatro

Contada inaugural Sete Falares - Tres vellas na romaría

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

2 xuño 2024 - 20 h.

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Contada inaugural Sete Falares - Tres vellas na romaría Pontevedra .

Regresan as TRES VELLAS con un novo repertorio: TRES VELLAS NA ROMARIA. Saimos do mundo do traballo e buscamos nas memorias das devanceiras os dias gloriosos de romarias e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos, as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava… As TRES VELLAS lian á cabeza os seus mais fermosos panos rameados, para sair a bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos turreiros das festas. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarias: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mistura a superstición e o festeiro escepticismo. Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é malo”. Un repertorio no que se xuntan os xionllos esfolados das procesións cos pes encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais as TRES VELLAS regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.

Celso Fdez. Sanmartín é narrador oral e recoñecido poeta. O seu libro A cama do meu avó” é un dos seus últimos sucesos, convertido en performance en Escenas do cambio.

Guti é narrador, guia nativo e influencer. Publicou o libro “Cuaderno de últimas voces” e mantén un post diário en Facebook titulado “Besos matinales”

Quico Cadaval conta contos e dirixe teatro. Dirixiu “O Porco de Pé” e participa no último proxecto do CDG “Shakespeare en Roma”.

Mercar entradas Contada inaugural Sete Falares - Tres vellas na romaría Pontevedra .