O Péndulo – Inversa Teatro
teatro

O Péndulo – Inversa Teatro

Teatro Rosalía Castro A Coruña

desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas O Péndulo – Inversa Teatro A Coruña .

O PÉNDULO

De Marta Pérez & Ernesto Is

O Péndulo é unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

 

• Todo o que aceda aol recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada, independientemente da idade que teña

• Unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMENDASE

Actuar con responsabilidade.

 

 

Mercar entradas O Péndulo – Inversa Teatro A Coruña .