Merca entradas Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona” A Coruña .
Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única para ver no mesmo escenario aos magos máis premiados do planeta.
Todo isto, dirixido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se introduce por primeira vez no mundo da maxia.
Na gala participarán:
Hyun Joon Kim (Corea): Primeiro Premio Mundial de Manipulación. Miles de cartas aparecen ao teu alcance a un ritmo vertixinoso.
Jimmy Delp (Estados Unidos): Premio ao Mellor Mago Cómico. Como saído dunha serie de debuxos animados, este mago recrea situacións totalmente insólitas.
Arno (Francia): Mellor acto de maxia xeral. Un dos números máis aplaudidos e premiados da historia da maxia mundial. Pura maxia que sempre recordarás.
Huang Zheng (China): Premio Aneis Máxicos. Presenta o seu premiado número “Aire”, unha coidada e poética proposta que nos traslada ao mundo da maxia oriental.
Dani Polo (Galicia): Premio Ali Bongo, mago revelación europea 2018. A súa especialidade son as grandes ilusións. Xente que aparece da nada, voa ou teletransporta, todo é posible!
Mercar entradas Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona” A Coruña .