Desde32,40 €
Cidade da Cultura. Auditorio Edificio Fontán | Santiago de Compostela
Desde o 24 Xuño 2024
Ata o 02 Setembro 2024
Raíces e ás | Campamento urbano no Gaiás para conectar coa natureza
Construír refuxios de morcegos e hoteis de insectos, observar as aves da lagoa e aprender os seus nomes, pescudar no bosque a pegada dos animais que alí viven e ata acampar baixo as estrelas. No verán de 2024, o campamento urbano da Cidade da Cultura convida á rapazada a re-conectar coa natureza e descubrir a biodiversidade do monte Gaiás cun feixe de actividades divertidas!
Baixo o título Raíces e ás, a actividade propón unha oportunidade de conciliación para as familias que o precisen na derradeira semana de xuño e a primeira de setembro. Ademais, fomenta entre a rapazada valores como o vencello coa natureza, a curiosidade e espírito de descubrimento, a creatividade, a convivencia e traballo en equipo e o desenvolvemento dunha conciencia ambiental sólida.
O campamento organízase en quendas semanais e en dous grupos de idade:
De 4 a 7 anos
De 8 a 14 anos [Inclúe unha noite de acampada no Bosque de Galicia (opcional)]
As actividades desenvolveranse na Cidade da Cultura de 10 a 15 horas, de luns a venres, e haberá tamén un servizo madruga, baixo demanda, desde as 8.00 h da mañá. Para facer uso deste servizo é necesario solicitalo enviando unha mensaxe a través deste formulario indicando no asunto "Servizo madruga campamento" e no corpo da mensaxe os datos da reserva realizada.
Pódese reservar praza para cada quenda semanal a través de Ataquilla, a un prezo de 30€ por semana para cada neno ou nena participante.
Importante
As nenas e nenos participantes deberán traer unha pequena merenda para media mañá e unha botella de auga (cantimplora) que se poida reencher. O petisco do almorzo do servizo madruga está incluído.
O campamento inclúe moitas actividades exteriores, polo que as crianzas deberán equiparse con calzado cómodo e pechado (evitar chancletas), gorra e crema solar.
Recomendamos traer roupa cómoda e entregar unha bolsa cunha muda para poder empregar en caso de necesidade. Esta muda quedará nas instalacións e só será necesario repoñela en caso de empregala.
Durante o campamento, poderán facerse actividades que impliquen mollarse en caso de calor ou manchar a roupa. Na bolsa coa muda recoméndase incluír, ademais da roupa de reposto, unha toalla, chancletas, e roupa de baño.
No grupo de idade de 8 a 14 anos, as actividades do campamento inclúen unha noite de acampada no Bosque de Galicia. A rapazada que desexe participar nesta actividade debe traer saco de durmir, esteira, utensilios de aseo e roupa cómoda e de abrigo. En caso de moi mal tempo, a actividade trasladaríase a un espazo interior da Cidade da Cultura de Galicia. A cea e o almorzo serán proporcionados no desenvolvemento da actividade. É importante que se indiquen alerxias ou intolerancias alimenticias no formulario de compra de entrada.
A Cidade da Cultura está a consolidarse como un espazo cultural de referencia para todas as idades, incluíndo non só unha programación específica para gozar en familia, senón tamén un eixe estratéxico prioritario pensado para favorecer a conciliación cando as nais e pais máis o necesitan, isto é, nas vacacións dos centros educativos. O campamento urbano Raíces e ás afonda nesta liña de traballo ofrecendo actividades que atenden a conciliación dun xeito transversal, contribuíndo ao desenvolvemento dun sistema integral de coidados que promove a corresponsabilidade entre mulleres e homes. A actividade forma parte do Plan Corresponsables.
Info práctica
— Horario: luns a venres de 10:00 a 15:00 h. *Servizo madruga, baixo demanda, desde as 8.00 h. (incluído almorzo). Para facer uso deste servizo é necesario solicitalo enviando unha mensaxe a través deste formulario indicando no asunto "Servizo madruga campamento" e no corpo da mensaxe os datos da reserva realizada.
— Lugar de celebración: O punto de entrega e recollida das nenas e nenos participantes será no edificio Fontán. As actividades desenvolveranse en espazos deste edificio e nas zonas verdes do Gaiás: Bosque de Galicia, Parque do Lago e Xardín do Teatro.
— Quendas semanais:
1ª quenda: Do 24 ao 28 de xuño de 2024
2ª quenda: Do 2 ao 6 de setembro de 2024
— Grupos de idade:
De 4 a 7 anos
De 8 a 14 anos [*inclúe unha noite de acampada no Bosque de Galicia (opcional)]
Descontos
Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:
Persoas xubiladas, desempregadas ou en situación de discapacidade
Familias de especial consideración (artigo.9 Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
Alumnado e persoal laboral das universidades gallegas
Carné xove
Integrantes do Clube Gaiás
Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela