Hábitats. Natureza estendida
varios

Hábitats. Natureza estendida

Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás. Andar 1 Santiago de Compostela

Do 5 de decembro de 2023 ao 19 de maio de 2024

desde* 3,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Hábitats. Natureza estendida Santiago de Compostela .

Hábitats. Natureza estendida

Hábitats. Natureza estendida é unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra, nunha viaxe polos cinco continentes. Combinando nunha única capa os mundos físico e dixital, Hábitats transpórtanos, sen saír do Museo Centro Gaiás, por nove destinos nos que poderemos convivir e interactuar con animais e plantas recreadas con gran realismo grazas ás tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada.

Do deserto de Sonora en Estados Unidos á Gran barreira de coral australiana, desde ao Mar de Weddell na Antártida á Cova de Ceza no Courel, entre outros, atoparemos na nosa aventura elefantes, tartarugas, baleas, axolotes e moitas outras especies ás que teremos o privilexio de observar de preto nos seus propios hábitats, grazas ás lentes de realidade virtual.

Accesible a partir dos 9 anos de idade, a instalación está deseñada como unha experiencia inmersiva de realidade mixta, isto é, que combina compoñentes de realidade virtual e aumentada con escenografía e elementos ambientais. Coas lentes postas, a arquitectura da Cidade da Cultura non desaparece, senón que sobre ela xorde algo máis.

Hábitats. Natureza estendida ofrece unha natureza inspiradora, transcendente e dun poder plástico vibrante, permitindo explorar de maneira segura lugares inaccesibles, facendo visible o invisible, e incluso traendo de novo á vida especies xa extintas. Unha nova e emocionante maneira de entender a complexidade inherente aos ecosistemas e á vida no noso planeta, así como a capacidade de influír neles que ten o ser humano.

Xa podes mercar a túa entrada para Hábitats. Natureza estendida tanto no Museo Centro Gaiás como a través de Ataquilla, a un prezo de 3 euros (+gastos de xestión, descontos aplicables). As nenas e nenos menores de 12 anos deben realizar a experiencia acompañados dunha persoa adulta responsable que deberá adquirir tamén unha entrada.

A instalación está aberta do 5 de decembro de 2023 ao 19 de maio de 2024, de martes a domingo (agás as tardes do 24 e 31 de decembro de 2023, que pecha o Museo Centro Gaiás).

Haberá oito sesións cada día, catro de mañá (entre as 10:30 e as 14:30 h), e catro de tarde (entre as 16:00 e as 20:00 h), cunha duración aproximada de 40 minutos cada unha. Ata 10 persoas poderán vivir a experiencia de maneira simultánea en cada sesión.

A partir de xaneiro, haberá tamén visitas didácticas gratuítas para centros escolares, de martes a venres en horario de mañá, para grupos a partir dos 9 anos de idade. Máis información e reservas dentro do Programa didáctico 2023-2024 da Cidade da Cultura.

Información práctica

— Entradas xa dispoñibles a través de Ataquilla e no Museo Centro Gaiás, a un prezo de 3 € (+gastos de xestión)

— Non poderá acceder á sala público menor de 9 anos de idade. Os menores de 12 anos deberán realizar a experiencia acompañados dunha persoa adulta responsable que deberá mercar tamén entrada.

— As persoas visitantes deben chegar cando menos 10 minutos antes da hora da súa reserva.

— Debido ao emprego de tecnoloxía avanzada, a instalación pode requirir un mantemento non planificado que pode dar lugar a retrasos ou cancelacións.

— Adóptase un meticuloso protocolo de medidas de hixiene: todo o equipo, mesmo os auriculares, se desinfectan coidadosamente despois de cada uso.

— Prégase precaución no caso de padecer: claustrofobia, enfermidades cardíacas, vértigos ou sensibilidade ás luces intermitentes.

— A instalación é accesible para persoas con mobilidade reducida, aínda que pode requirirse apoio adicional. Por favor, se é o seu caso, comuníquese coa entidade antes da visita.

— Debido ao emprego de tecnoloxía avanzada, a instalación pode requirir un mantemento non planificado que pode dar lugar a retrasos ou cancelación.

Descontos

Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:

  • Persoas xubiladas
  • Persoas desempregadas
  • Persoas en situación de discapacidade
  • Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
  • Alumnado e persoal laboral das universidades galegas
  • Carné xove
  • Integrantes do Club Gaiás

Mercar entradas Hábitats. Natureza estendida Santiago de Compostela .