. CARNE Y ARENA .
varios

. CARNE Y ARENA .

Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás. Planta 1 Santiago de Compostela

De martes a domingo, do venres 1 de xullo ao domingo 31 de xullo de 2022

desde* 9,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas . CARNE Y ARENA . Santiago de Compostela .

Por primeira vez na Península Ibérica, chega a Santiago de Compostela CARNE y ARENA (Virtualmente presente, físicamente invisible), unha vangardista experiencia inmersiva de realidade virtual dirixida polo cineasta Alejandro G. Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas.

CARNE y ARENA  estreouse en 2017 no 70º Festival de Cine de Cannes como o primeiro proxecto de realidade virtual na historia do festival. Ese mesmo ano, Iñárritu recibiu un Oscar® especial por CARNE y ARENA, e a curtametraxe foi recoñecida pola Academia como unha experiencia narrativa excepcional.

Baseada en relatos reais, as liñas superficiais entre suxeito e  espectador esvaecen ata mesturarse, permitindo a quen participa na experiencia pasear por un vasto espazo e experimentar en profundidade un fragmento das viaxes persoais das persoas refuxiadas. Unha experiencia deseñada como unha travesía de quince minutos para unha persoa, que xira arredor dunha secuencia de realidade virtual experimentada por tres visitantes simultáneos en salas separadas, con tecnoloxía inmersiva de vangarda para crear un espazo multinarrativo de luz con personaxes humanas.

"Durante o desenvolvemento deste proxecto, tiven o privilexio de coñecer e entrevistar a moitos inmigrantes e refuxiados mexicanos e centroamericanos," conta Iñárritu. "As súas historias de vida perseguíanme, así que convidei a algúns deles a colaborar comigo no proxecto. A miña intención era experimentar coa tecnoloxía de realidade virtual para explorar a condición humana nun intento por romper coa ditadura do encadre, dentro do que as cousas só se observan, e reclamar o espazo para permitir así ao visitante unha experiencia directa, camiñando nos pés do inmigrante, por debaixo da súa pel, e dentro do seu corazón."

Info práctica

— Non poderá acceder á sala público menor de 14 anos de idade

— Recomendamos que os visitantes cheguen cando menos 15 minutos antes da hora da súa reserva.

— CARNE y ARENA é unha obra en realidade virtual altamente inmersiva que pode sentirse sumamente realista, incluso en momentos que inclúen experiencias con armas de fogo.

— A actividade realízase de xeito individual. En ningún caso pode ser realizada por máis dunha persoa á vez.

— A actividade só pode realizarse descalzo. As condicións de temperatura e humidade da sala serán as idóneas para a experiencia, podendo sentirse algo extremas en comparación coas habituais das salas expositivas.

— En ningún caso se permiten fotografías, vídeos ou outra documentación da obra.

— Adoptamos un meticuloso protocolo de medidas de hixiene: todo o equipo, incluso os auriculares, se desinfectan coidadosamente cunha máquina ultravioleta para brindar unha esterilización eficiente entre cada visitante.

— Debido ao emprego de tecnoloxía avanzada, a instalación pode requirir un mantemento non planificado que pode dar lugar a retrasos ou cancelacións.

— Estarán dispoñibles un formulario de renuncia e un descargo de responsabilidade que deben asinarse antes de participar na instalación. Para os visitantes menores de ideade, un pai, nai ou titor debe estar presente para asinar o formulario de renuncia e o descargo de responsabilidade no momento da visita.

— Non se recomenda a entrada a persoas con claustrofobia, enfermidades cardíacas, problemas lumbares, antecedentes de convulsións, epilepsia e / ou sensibilidade ás luces intermitentes.

— A instalación é accesible para todas as persoas con mobilidade reducida, aínda que pode requirirse apoio adicional. Por favor comuníquese coa entidade antes da visita.

Mercar entradas . CARNE Y ARENA . Santiago de Compostela .