Gaiás secreto 2022
varios

Gaiás secreto 2022

Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

10, 11, 17, 18, 24 e 25 de setembro, 11:30 h e 17.00 h.

1, 2, 8, 9, 12, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro, 11:30 h.

1, 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de novembro, 11:30 h.

3, 4, 6, 8, 10, 11, 17 e 18 de decembro, 11:30h

desde* 6,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Gaiás secreto 2022 Santiago de Compostela .

VISITAS COMENTADAS PARA ACHEGARSE Á ARQUITECTURA DO GAIÁS | INCLÚE ACCESO A ESPAZOS RESTRINXIDOS 

Se estás a argallar un plan en Compostela, hai un que che vai resultar irresistible: a descuberta dun xeito diferente da arquitectura e funcionamento da Cidade da Cultura de Galicia. Ademais de abraiarte cunha panorámica arquitectónica do recinto, poderás coñecer a fondo, da man do noso equipo de guías, todos os segredos que agocha, incluíndo espazos habitualmente restrinxidos ao público.

A impresionante galería subterránea que conecta os edificios, as claves xeométricas que explican o conxunto arquitectónico, a sala de caldeiras ou as baixocubertas da Biblioteca de Galicia serán algúns dos puntos destacados deste percorrido que vos levará desde as Torres Hejduk ao edificio Fontán (o primeiro e o último dos edificios erixidos no monte Gaiás).

Achégate á complexidade desta infraestrutura, un dos exemplos máis sorprendentes e singulares da arquitectura contemporánea, nun completo percorrido.

Entradas

— Datas: sábados, domingos e festivos, salvo en datas sinaladas nas que teña lugar a visita Baixo a pel do Museo.

 Entradas: 6€ (+gastos de xestión). Á venda na billeteira do Museo Centro Gaiás, ou en www.ataquilla.com 

— Horario: 11.30 h 

— Duración: 90 minutos 

Descontos

— Redución do 20% sobre o prezo total para:

  • Persoas xubiladas
  • Persoas desempregadas
  • Persoas en situación de discapacidade
  • Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás
  • Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
  • Carné xove
  • Integrantes do Club Gaiás

Información práctica

  • Punto de encontro: Recepción do Museo Centro Gaiás
  • Prazas limitadas a 20 persoas
  • Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas 

Medidas covid-19

  • Xel hidroalcólico á entrada e á saída
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade

IMPORTANTE: Normas para o acceso á visita 

  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
  • O percorrido ten unha duración estimada de 90 minutos e conta con escaleiras, non sendo apto para persoas con dificultades de mobilidade, cadeiras de rodas ou carriños de bebé.
  • Actividade non recomendada a menores de 8 anos. As persoas menores de idade deberán estar sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable.

Mercar entradas Gaiás secreto 2022 Santiago de Compostela .