Galiverso
varios

Galiverso

Museo Centro Gaías - Sala Seminario Santiago de Compostela

Dispoñible ata o 17 de marzo 2024

0,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Galiverso Santiago de Compostela .

Galiverso é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente.

Sen saír da Cidade da Cultura, podedes subir no batiscafo virtual e explorar os fondos mariños da costa galega no Galiverso somerxido, ou viaxar polos 13 destinos de gran valor cultural, histórico e paisaxístico que ofrece o mapa do Galiverso, como a cripta do Apóstolo na Catedral de Santiago, o canón do Sil, a Torre de Hércules na Coruña e o templo romano de Santalla de Bóveda en Mera (Lugo), entre outros. Dentro do Galiverso tamén é posible viaxar ao pasado e camiñar polas rúas do vello Portomarín tal como eran antes de que a antiga vila fose anegada pola construción do encoro de Belesar.

Para acceder ao Galiverso é necesario ter como mínimo 8 anos de idade* e reservar praza, de balde, no Museo Centro Gaiás ou a través de Ataquilla. A sala do Galiverso está aberta na Cidade da Cultura de martes a venres en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. O acceso péchase media hora antes (14.00h pola mañá e 19.30h pola tarde).

*As nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar estar acompañados/as durante a experiencia dunha persoa adulta responsable. 

Información práctica

  • Acceso gratuíto con reserva previa de praza a través de Ataquilla e no Museo Centro Gaiás.

  • Horario: martes a venres de 16 a 20 h. Sábados, domingos e festivos (agás luns) de 11 a 14.30 e de 16 a 20 h. Quendas cada 30 minutos

  • Última hora de acceso: 14.00 h pola mañá e 19.30 h pola tarde

  • Galiverso é accesible a partir dos 8 anos de idade. Os menores de 12 anos deben estar acompañados/as durante a experiencia dunha persoa adulta responsable

  • Cada sesión ten unha duración aproximada de 25 minutos

Mercar entradas Galiverso Santiago de Compostela .