O Galiverso dos Museos
varios

O Galiverso dos Museos

Museo Centro Gaías - Sala Seminario Santiago de Compostela

Dispoñible ata o 23 de xuño 2024

0,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas O Galiverso dos Museos Santiago de Compostela .

O proxecto do Galiverso estrea unha nova experiencia de realidade virtual no Museo Centro Gaiás: O Galiverso dos Museos.

Esta nova montaxe permite entrar nunha versión virtual dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas, e desde este escenario virtual, observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas que conservan.

Entre elas, a escultura do cabaleiro de Beade (século XVII) do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o torques do Castro de Viladonga, ou o primeiro astrolabio atopado en Galicia, datado entre os séculos XVI e XVII e conservado no Museo do Mar de Galicia. Tamén é posible introducirse dentro da paisaxe pintada por Lugrís no cadro Marina Surrealista, que se exhibe no Museo de Belas Artes da Coruña.

Ao colocar as lentes de realidade virtual, desprégase un mapa onde aparecen localizados os once centros que forman parte da Rede de Museos da Xunta. Sobre este, flotando a modo de paraugas, hai unha zona denominada Galiverso desde a que se entra nun espazo futurista —vinculado ao futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia que se está a construír na Cidade da Cultura— que permite explorar algunhas das tecnoloxías empregadas na creación das diferentes experiencias do Galiverso, como a fotogrametría, o son espacial ou a intelixencia artificial.

Ademais de manipular de maneira virtual as réplicas dixitais dos obxectos, o Galiverso dos Museos incorpora a característica da "persistencia" na contorna virtual, de maneira que as pezas ficarán no mesmo lugar e posición nas que as deixou a visitante anterior. Pero tamén será posible deixar a pegada da propia man no Galiverso, a través do apartado «Persistencia» na sección Galiverso do mapa.

O Galiverso máis inclusivo
Para aquelas persoas con dificultades de visión e auditivas, O Galiverso dos Museos emprega tecnoloxías e dispositivos que lles permiten acceder á experiencia dunha maneira adaptada. Neste sentido, a sala inclúe unha zona táctil na que poder “ver coas mans” réplicas impresas en 3D de catro dos obxectos pertencentes aos museos e que foron recreadas tamén na experiencia virtual.
Unha aplicación deseñada pola Universidade de Vigo explica ás usuarias e usuarios o funcionamento deste espazo, no que tamén haberá auriculares de vía ósea e de bucle magnético para que as persoas con dificultades auditivas poidan escoitar as instrucións.

Información práctica

• Acceso gratuíto con reserva previa de praza a través de Ataquilla e no Museo Centro Gaiás.
• Horario: martes a venres de 16 a 20 h. Sábados, domingos e festivos (agás luns) de 11 a 14.30 e de 16 a 20 h. Quendas cada 30 minutos
• Última hora de acceso: 14.00 h pola mañá e 19.30 h pola tarde
Poden facer a actividade as persoas maiores de 8 anos. Os menores de 12 anos deben estar acompañados/as durante a experiencia dunha persoa adulta responsable
• Cada sesión ten unha duración aproximada de 25 minutos

Mercar entradas O Galiverso dos Museos Santiago de Compostela .