Mayumaná "Currents"
varios

Mayumaná "Currents"

Palacio de la Ópera A Coruña

17 Setembro 2022 - 20.30 hs

desde* 23,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Mayumaná "Currents" A Coruña .

Unha das compañías internacionais máis aclamadas do mundo, Mayumana, volve á Coruña coa súa última produción: Currents. Este espectáculo foi creado para o festival da Luz de Xerusalén e está inspirado na disputa histórica que mantiveron os dous empresarios e inventores Thomas Alva Edison (creador da corrente continua) e Nikola Tesla (corrente alterna, que se utiliza ata hoxe). Dacordo con esa temática o grupo inclúe sons electrónicos sumados á percusión que realzan o espectáculo. Baseado naquela «Batalla das Correntes» de finais do século XIX, no escenario preséntase a pura danza e percusión unha verdadeira viaxe de dous sectores enfrontados, ambos con estéticas artísticas diferentes, que mostran o que parece unha disputa dialogada con luces e sons propios.

A compañía Mayumana conta cun prestixioso elenco internacional que combina a danza, a percusión, e os efectos electrónicos e de iluminación de escenario, dunha maneira única no mundo. O grupo ten unha traxectoria de 24 anos de actividade, con máis de 156.000 exhibicións e 8 millóns de espectadores en máis de 20 países

Mercar entradas Mayumaná "Currents" A Coruña .