DROP,  unha producción de Pistacatro Productora de Soños en coprodución coa Agadic
varios

DROP, unha producción de Pistacatro Productora de Soños en coprodución coa Agadic

Pazo da Cultura de Pontevedra Pontevedra

28 XANEIRO - 20.30 HS

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas DROP, unha producción de Pistacatro Productora de Soños en coprodución coa Agadic Pontevedra .

público adulto e rapazada a partir de 10 anos (seleccionar entrada reducida para eles)

DROP
unha producción de Pistacatro Productora de Soños en coprodución coa Agadic
Idea orixinal e Dirección de Pablo Reboleiro 

SINOPSE

Onde residen os obxectos? 

Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos …  pero, non están vivos.

O lugar no que os obxectos destellan e se inflama coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, os as cometas e as estrelas. 

DROP é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida. 

Pero fora diso e ó  igual que  o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, os seus problemas, os seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo.

Por iso DROP xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas. 

Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos.

E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo. 

Mercar entradas DROP, unha producción de Pistacatro Productora de Soños en coprodución coa Agadic Pontevedra .